InicioCULTURAOs galegos PAMP triunfan coa homenaxe a Ana Kiro na Eurovisión da...

Os galegos PAMP triunfan coa homenaxe a Ana Kiro na Eurovisión da IA celebrada na Coruña

Publicada o

Por europapress

O grupo neerlandés Synthetic Beat Brigade, coa canción ‘How would you touch me?‘, venceu a AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión mundial da Intelixencia Artificial. Obtivo 20,5 puntos tras a votación combinada do xurado e o público. A proposta gañadora empregou diferentes tecnoloxías de intelixencia artifical para xerar tanto a música como a letra a partir dunha análise de todas as cancións que competiron en Eurovisión entre 2010 e 2019. A canción versa sobre un amor inalcanzable entre unha IA e un ser humano.

Na gala, celebrada na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega ‘Florespiña‘, de PAMP! e Ana Kiro, ‘revivida’ grazas á tecnoloxía, quedou terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos valorada polo xurado, foi a favorita do público. En segundo lugar quedou ‘Bandschleifer‘, a proposta alemá, de Dadabots, con 19,3 puntos. En total, participaron 10 candidaturas de Alemaña, Canadá, España, Galicia (a anfitrioa), Estados Unidos, India, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Suecia.

O evento non estivo exento de polémica. A gala tería que ser presentada pola actriz Nieves Rodríguez e os xornalistas Ricardo Saavedra e Belén Rivero. Con todo, renunciaron a participar pola “negativa expresa a asinar un contrato de traballo” por parte da organización, segundo un comunicado que compartiron a través das súas redes sociais.

“Por respecto ao noso propio traballo e ao sector profesional ao que pertencemos, o equipo de dirección e os presentadores que iamos formar parte da gala AI Song Contest decidimos desvincularnos dese proxecto”, sinalan nun texto no que tamén agradecen aos patrocinadores públicos e privados deste evento, “seguramente descoñecedores desta situación”. A pesar diso, a gala celebrouse en inglés, castelán e galego con tres presentadores alternativos e contou cunha actuación de apertura do grupo de música tradicional galega Xacarandaina.

Podedes ver aquí a gala completa, e pinchamos dende o premio galego!:

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...